martes, 29 de diciembre de 2009

RCD A CORUÑA - Valencia cf.



Partido que despedia o ano e polo tanto os xogadores coa mente posta no paron nos deleitaron cun partido fiel ás datas nas que estamos.Partido moi deslucido con batalla no mediocampo pero nas areas moi pouco xogo.Na primeira parte un cabezazo de valeron ao traveseiro e pouco máis en canto a ocasións.Na segunda parte máis do mesmo, batalla no centro do campo e pouca chegada ás areas. Contabilizar un par de remates un de cabeza de Sergio e outro de Pablo Álvarez.Resultado xusto e directos ao paron a cargar as pilas para o comezo do novo ano.A bancada chea como sempre e animando ben en determinados momentos,aínda que parece que as nosas pilas tamén se teñen que recargar un pouco nestas datas.Felices festas e feliz ano a todos os deportivistas de corazón

sábado, 19 de diciembre de 2009

NOVO MATERIAL XA A VENDA


*máis material no apartado correpondente

miércoles, 16 de diciembre de 2009

ud.Almería - RCD A CORUÑA

O Depor igualou a un tanto en Almería, onde se pode dicir que non houbo un claro dominador do partido.Partido bastante igualado como así reflectiu o resultado final.O traveseiro privou ao cadro coruñes de ampliar a vantaxe no marcadaor, así como sendas ocasiones de A.Tomás e P.Álvarez.Aínda así tocou sufrir bastante ata o asubío final.Seguimos en postos Europeos a pesar de desaproveitar partidos deste tipo.

martes, 8 de diciembre de 2009

RCD A CORUÑA - fc.Barcelona





Nova xornada na que volvemos coñecer a derrota en Riazor logo da visita do todopoderoso Barça.Dominio claro azulgrana na maior parte do partido, aínda así o Depor non se amedrentou e aguantou ata os minutos finais do partido cun 1-1 no marcador.Dous goles culés nos últimos 10 minutos acabaron coas esperanzas deportivistas.
A bancada presentou un bo aspecto como vén sendo habitual aínda que para estes partidos sempre hai máis xente do normal.Aproveitando isto e un case cheo en todo o estadio, decidímonos pola elaboración dun tifo a base de cartolinas que ocupaban todas as bancadas do estadio,menos tribuna.O resultado bastante aceptable polo que todo o esforzo e traballo duns cantos non foi en balde.Esta nova xornada serviu tamén para a publicación dun novo número do fanzine "Curva Máxika".

viernes, 4 de diciembre de 2009

SÁBADO DESPOIS DO FUTBOL


SOCIOS: 7 euros
NON SOCIOS: 10 euros


*Recordade que ás entradas poderanse comprar antes e durante a festa.O aforo será limitado.