domingo, 31 de enero de 2010

RCD A CORUÑA - R.Madrid




Primeira derrota do Depor en Riazor despois dun refacho de 19 anos seguidos sen saber o que é perder contra o R.Madrid.Unha mala primeira parte dun Depor cheo de baixas, levou ao equipo ao descanso cun 0-2 no marcador.Depois do descanso o equipo saliuo un pouco máis metido no partido, chegando ata a tutear ao conxunto madridsta nalgunha fase do partido, ata que a 5 minutos do final,Riki recortaba distancias de penalti,facendo crer aos alí presentes nunha posible remontada como a do ano 1991 na que tamén empezamos perdendo 0-2 e acabamos gañando.Pero ao final outro gol dos madridistas nos minutos de desconto acabaron con todas as esperanzas.
Moi bo ambiente nun Riazor cheo como é costume nestes partidos,o que tamén implica que a nosa zona tamén presentase un magnifico aspecto,con máis xente da habitual.Novo tifo para recibir ao equipo,o cal saíu como se esperaba a pesar de habelo terminado a última hora.Mandar un saúdo e darlle as grazas a todos aqueles que dedicastes o voso tempo libre para a elaboración do mesmo.

martes, 26 de enero de 2010

RCD A CORUÑA - Ath. Bilbao


Nova victoria do Depor en Riazor pero con sabor amargo debido á grave lesion dun dos xogadores mais importantes do equipo actualmente.Despois dunha primeira parte para esquecer,na que se chegaron a anular dous tantos ao equipo Bilbaíno, os de Lotina saíron a por todas no segundo tempo e os tantos de Filipe (que lle custou a lesión),Juca e nos minutos finais de Pablo Alvarez,déronnos os tres puntos que nos seguen mantendo na zona alta da táboa.Partido con bastante ambiente na nosa bancada.Publicación dun novo número do noso fanzine "Curva Máxika"(esgotado o mesmo día do partido), que viu incrementado o seu valor en 1 euro,medida que se tomou para recadar fondos para os afectados polo terremoto de Haití.Ésta recadación doarase através de "Cruz Roja".

viernes, 22 de enero de 2010

RCD A CORUÑA - Sevilla fc.(copa do rei)


Mal partido do Depor que nos deixa con pé e medio fóra da copa.Pequeno tifo (feito a contrareloxo) despregado na bancada para dar un pouco de cor á nosa zona,ao cal faltoulle parte do "conffeti" que tiñamos preparado,pero que misteriosamente desapareceu.Animación boa durante todo o partido e destacar a actitude deleznable da policía antes,durante e sobretodo despois do partido,con cargas desproporcionadas nos arredores do estadio contra xente da peña.

martes, 19 de enero de 2010

Mallorca - RCD A CORUÑA

Mal partido o do Depor en Mallorca contra un rival directo na táboa clasificatoria.O desgaste dos últimos partidos fixo mella no plantel deportivista, e un partido que en principio tiña que ser disputado acabou por ser un monólogo do conxunto local,sobretodo na segunda parte, logo de aguantar a primeira parte co marcador a cero.Unha nova derrota que nos delega á 5ª praza.Ninguén do grupo nas bancadas de Son moix.

RCD A CORUÑA - Valencia (copa do rei)



Cando se creía que a eliminatoria estaba encaminada,en menos de media hora,a cousa pusoxe costa arriba.Unha magnifica segunda parte chegou para remontar o partido e meternos a clasificación para cartos de final no peto.Un partido que fixo recordar por momentos a aquelas máxicas noites vividas en tempos pasados.

martes, 12 de enero de 2010

RCD A CORUÑA - Osasuna

Primeiro partido do ano en Riazor con moito frío e cun ambiente desanxelado no estadio o cal veuse reflexado tamén na nosa bancada, que non rendeu como de costume.No aspecto futbolístico a primeira parte foi de mediocampo total sen chegadas claras á porteria.Na segunda parte un destello de calidade de Juan Rodriguez nos serviu para levarnos un deses partidos que ao final de ciclo son dos que contan.Novamente volvemos sufrir unha arbitraxe malísima,algo que estase convertendo nunha costume está tempada, a cal non impediu acabar esta xornada en postos champions.

lunes, 4 de enero de 2010

R.zaragoza - RCD A CORUÑA



Nova viaxe ata terras mañas.Viaxe longa e con bastante mal tempo, o cal non impediu que un bus de Riazor Blues se presentase nas bancadas da Romareda.Viaxe que ao final resultou un pouco descafeinado,pero non polo que respecta a nós.Partido malísimo dos dous equipos o que tivemos que aguantar baixo a choiva durante case os 90 minutos,a pesar disto fixémonos notar,cousa non moi difícil debido ao frío ambiente da afección maña.Máis detalles da viaxe no fanzine "curva máxika".