sábado, 30 de octubre de 2010

NOVO MATERIAL


*máis info no apartado de material

miércoles, 27 de octubre de 2010

SEMPRE CO DEPOR!!

8 xornadas disputadas, 4 partidos perdidos, 4 partidos empatados, 0 vitorias, 3 goles a favor (2 de penalti) e 14 goles en contra. A desesperación aparece e a paciencia remátase...Só nos quéda unha opción e é converter Riazor nun inferno o vindeiro domingo. Nós somos os que verdadeiramente sentimos as cores da camiseta que os xogadores se poñen partido tras partido e somos nós os que nunca imos faltar ao noso club, por iso, nesta difícil situación na que nos atopamos temos que tentar, unha vez máis, espabilar ao equipo, non deixar que se durman, facer que loiten até o final cada balón que teñan diante. Podemos perder pero deixándoo todo no campo.A reacción debe empezar xa, o partido do domingo é coma unha final, temos que estar aícando vaian quecer e tamén durante os 90 minutos, tentar gañar o partido dende a bancada, pitar cada ataque do rival e empurrar e dar ás a cada contraataque do Depor.Ao noso favor xoga que estamos a 3 puntos de saír dos postos de descenso e que quedan 30 partidos de liga e 90 puntos en xogo. Até o día de hoxe o grupo estivo a un nivel alto, pero a situación do equipo require apoiar un pouco máis se cabe. Temos que volver encher a bancada, facer que explote, non imos tirar a toalla e non podemos permitir que o equipo afúndase a mínima. O Domingo (Luns festivo) poida que sexa un dos partidos mais importantes da tempada e tamén un dos mais importantes dos últimos anos, así que ninguén pódese quedar na casa, o domingo toca “liar un buen pollo”, é o que nos queda rapaces... non hai outra, debemos dar exemplo de forza, garra e sentimento aosnosos xogadores.Vémonos o Domingo, é agora cando o Depor necesítanos a todos, unha parte disto esta nas nosas mans, non faies.FORZA DEPOR.

RIAZOR BLUES 1987.


martes, 19 de octubre de 2010

DEPORTIVO - Osasuna (12/17.10.2010)

lunes, 18 de octubre de 2010

DEPORTIVO 0 - Osasuna 0






Novo empate nun partido que para nós comezou o martes pasado cando nos presentamos nas instalacións de Abegondo no adestramento do equipo para mostrarlles o noso apoio a pesar do mal momento deportivo que estamos a atravesar.De nada serviu o xesto,pois o único conseguido onte foi unha pequena melloría no xogo do equipo, que como sempre resultará pasaxeira e que non chega a ser suficiente para sacar unha vitoria contra un dos que en principio vai ser un rival directo na táboa ao final de liga,o cal xogou con dez xogadores case a totalidade do encontro.Se a isto sumámoslle as escasas oportunidades de gol creadas e que a sorte non xogou da nosa parte, obtemos como resultado os postos de descenso nos que nos atopamos.A bancada presentou un formidable aspecto como vén sendo habitual, sin parar de animar en ningún momento a pesar de algún inconveniente de última hora.O partido serviu para lucir o primeiro,pequeno e resultón tifo da tempada e para esgotar a tirada do novo número do noso fanzine "Curva Máxika".

Ficha técnica
:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Seoane; Antonio Tomás (Pablo Álvarez, min.78), Rubén Pérez, Juan Rodríguez, Desmarets (Saúl, min.84), Lassad (Dioni, min.74) e Adrián.

Osasuna: Ricardo; Damiá, Lolo, Flaño, Monreal; Soriano, Vadocz (Masoud, min.68), Camuñas, Juanfran (Nelson, min.91), Nekounam; e Lekic (Sola, min.68).

Arbitrucho: Pérez Lasa (Colexio Vasco). Amonestou con tarxeta amarela a Lopo, Aranzubia e Dioni polo Deportivo e a Monreal e Sola polo Osasuna.Cartón vermello directo a Camuñas do Osasuna.

jueves, 14 de octubre de 2010

CURVA MÁXIKA

No próximo encontro contra o Osasuna teredes á vosa disposición un novo número de noso fanzine "Curva Máxika",no que á parte de atoparvos interesantisimas entrevistas e artículos tamén te podes poñer ao día das novidades do grupo.Xa o sabes,non esquezas de levar un pavo o próximo día e así colaborar co teu grupo.Non te quedes sin él,que como decía O Bruxo:"nolo quitan dos fouciños".

UNIÓN E COMPRIMISO

Pasaron 6 xornadas e o equipo atópase en postos de descenso, partidos como o do outro día en Riazor fronte o Almería fan que a xente se desespere, a falta de gol que vén carrexando desde tempadas pasadas agudiza esta desilusión que se reflicte en case todas as bancadas do estadio; aínda que é pronto para xulgar, criticar e ver como as ratas que levan un tempo escondidas volven saír das súas cloacas como sucedeu hai 2 tempadas, facendo leña da árbore caída e volvendo ao seu sumidoiro cando o equipo recuperar. A tempada pasada non saíron a tomar o aire, a situación non era a idónea para o ataque, é posible que a estas temperás alturas da tempada empécense a fregar as mans e preparen o seu terreo. É lamentable ver artigos de prensa onde despois de xactarse de que Riazor sexa o estadio con menos afluencia de publico na primeira xornada, "chivense" por dicilo dalgunha maneira de que hai moitos nenos de colexios, equipos de fútbol e demais que entran ao estadio sen entrada, deben estar orgullosos do seu “noticia” claramente publicada para tentar facer dano ao club, pasando por encima de todo, mesmo das ilusións deses rapaces que por exemplo se soben un Domingo en Ribeira ou en Carballo a un bus para ver ao seu equipo e que seguramente será un recordo que garden para sempre... A moda de ser do Depor acabar anos atrás, os oportunistas e os que se soben ao carro cando todo vai vento en popa desapareceron das bancadas de Riazor, deixando sós aos máis fieis, aos que sempre imos estar aí, nas boas e por suposto nas malas. Por unha banda mellor, xa que esta xente sobra, pero o que é triste é que a cidade non mostre mais apoio ao seu equipo, que é sen dúbida un dos seus símbolos. Esta xente só darase conta do que podemos chegar a perder cando xa non haxa nada que facer, e é cando virán os choros e as lamentacións, a nosa situación é moi diferente á de anos atrás e como adoita pasar en todo, cando a cousa non vai ben moita xente bórrase e mira cara a outro lado e cando chegan os triunfos, éncheselles a boca do seu Deportivismo ,de que estiveron presentes en todos os títulos do club, do seu carné de tribuna, da súa pena con non se cuantos membros que só se dedica a facer unhas tortillas ao ano para saír no xornal de quenda e demais “méritos” O deportivismo demóstrase día a día e con mais forza cando as cousas tórcense e todo vese escuro, é aí cando o club necesita o apoio dos seus seguidores. Coma non podía ser doutra forma, o grupo esta dando a talla nestes momentos difíciles e todos temos claro que loitaremos polo noso escudo e as nosas cores até o final, non imos permitir que veña calquera a aproveitarse desta situación, non imos permitir que ningún xogador, xornalista ou quen sexa, fáltelle o respecto á nosa camiseta... Imos estar aí, facendo garda pegados ao noso escudo, observando o desenvolvemento dos acontecementos e actuando cando sexa necesario como o pasado martes en Abegondo. Temos que encher a bancada partido a partido, trae ao teu colega, anímao a vir, que se cambie de bancada, que salte, é un orgullo ver a Riazor semi-vacio e a nosa bancada chea. Para moitos somos aqueles que sempre a lean, somos aqueles que imos ao fútbol como escusa para montar rifa, que nin nos gusta o fútbol nin o noso equipo e demais tópicos que todos coñecedes... pero realmente somos os que estamos aí dando o cara día tras día, moitas persoas dos que utilizan os tópicos arriba comentados hai tempo que os tiveron que ir comendo un por un, temos demasiado claro cales son os nosos ideais e o que imos defender e non nos van a cambiar... Non podemos fallarlle ao Depor, pase o que pase debemos seguir aí, dando exemplo de forza, unión e deportivismo. Por desgraza seguramente quedemos sós nisto, pero temos a vantaxe de que non imos botar en falla a ninguén porque realmente nunca estiveron, así que está nas nosas mans meter presión en Riazor, facer que aquel que non mete o pé métao forte, que o que non presiona fágao como un can. Somos nós quen debemos meter esa intensidade, esa sensación de que aquí ninguén tira a toalla, de momento estamos no camiño pero debemos continuar con moita mais forza, é agora cando debemos demostrar o amor ás nosas cores. Hasta la Victoria Siempre!!!
*NOTA: no resumo do vindeiro encontro colgaremos máis fotos deste día.Aproveitamos para dar as grazas a toda a xente alí presente,polo madrugon e por todo o feito ese día..

lunes, 4 de octubre de 2010

R.Madrid 6 - DEPORTIVO 1

Corramos un estúpido velo.

Ficha técnica:

Real Madrid: Casillas; Ramos, Pepe, Carvalho, Marcelo; Xabi Alonso, Khedira (Lass, min.46), Di María, Ozil (Granero, min.68), Ronaldo; Higuaín.

Deportivo: 11 impresentables máis algún cambio.

Arbitrucho: Iturralde González. Amonestou con tarxeta amarela a Lopo

Goles: 1-0 Ronaldo (min.3); 2-0 Ozil (min.22); 3-0 Di María (min.33); 4-0 Higuaín (min.52); Zé Castro p.p. (min.60); 5-1 Juan Rodríguez (min.77)

Estadio: Santiago Bernabéu, 66 mil espectadores.