lunes, 29 de noviembre de 2010

Racing 1 - DEPORTIVO 0








Nova viaxe do grupo a terras Cántabras.Chegada dos dous buses con 114 membros da peña sobre as 14h, hora idonea para tomar o vermouth e a dar un paseo do máis tranquilo pola cidade.Sen noticias do grupo de rap local durante todo o día,só vímolos de lonxe cando estabamos a entrar ao estadio acompañados dos seus pais, que con dúas cargas desproporcionadas impídennos achegarnos a eles.Durante o partido nova carga e ao remate do mesmo novas cargas no vomitorio cando esperabamos a sair do estadio as cales se repetiron tres veces e de novo de forma desproporcionada. A pesar da derrota e do frío considerable fixémonos notar como sempre nese estadio,cousa non moi difícil.Estrea da nova pancarta de viaxes do grupo.Partido bastante aburrido e malo do Depor do que pouco se pode destacar salvo o balón que mandou ao pau Adrián ao principio do partido, que puido cambiar o rumbo do mesmo.

Ficha técnica:

Racing: Toño; Francis, Henrique, Torrejón, Christian; Colsa, Lacen; Kennedy, Iván Bolado (Edu Bedia, min. 72), Munitis; e Markus Rosenberg (Ariel Nahuelpan. min. 88).

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Seoane; Rubén Pérez, Juan Rodríguez (Urreta, min. 81), Pablo Álvarez (Lassad, min. 70), Desmarets (Valerón, min. 57); e Adrián.

Gol: 1-0, Markus Rosenberg (min. 60).

Arbitrucho:
Clos Gómez (colexio aragonés).

martes, 23 de noviembre de 2010

DEPORTIVO 3 - Málaga 0


Vitoria importante do Depor ante un rival directo na táboa.Outra vez o 3-0 volve ser o marcador final do partido no que se viu a ou Depor bastante metido de principio a fin e no que as xogadas a balon parado e unha vez máis a gran actuación da xa famosa defensa de cinco, foron claves.Adrián de penalti,Colotto nun rexeite dun corner e Pablo Alvarez tras unha gran xogada persoal foron os encargados de facer os tres tantos da vitoria que nos afasta un pouco máis dos temidos postos de descenso.A bancada unha vez máis ata a bandeira que a pesar da climatoloxía respirou un moi bó ambente.O equipo foi recibido cun novo e experimental tifo,o cal debido a problemas alleos a nós non quedou como se tiña pensado,ainda así o resultado foi bastante vistoso.
Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Aythami, Seoane; Rubén Pérez (Juan Domínguez, min.79), Juan Rodríguez, Desmarets; Adrián (Saúl, min.85) e Dioni (Pablo Álvarez, min.68).

Málaga: Arnau; Gámez, Weligton, Kris, Mtiliga; Recio, Portillo, Sandro (Juanito, min.69), Duda (Quincy, min.59), Eliseu; e Baha (Edinho, min.59).

Goles: 1-0 Adrián (p.), min.21; 2-0 Colotto, min.29; 3-0 Pablo Álvarez, min.82.

Arbitrucho: Álvarez Izquierdo (Colexio catalán). Amonestou con tarxeta amarela a Dioni, Seoane, Colotto e Rubén Pérez no Deportivo e a Sandro e Duda no Málaga.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Mallorca 0 - DEPORTIVO 0

Ficha técnica:

Mallorca: Aouate; Ratinho, Nunes, Ramis, Ayoze; Joao Víctor, Martí (Cavenaghi, m. 74); Nsue (Chori Castro, m. 60), De Guzmán, Pereira e Webó.

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Seoane; Saúl (Desmarets, m. 63), Rubén Pérez, Juan Rodríguez, Adrián (Valerón, m. 90) e Riki (Lassad, m. 71).

Arbitrucho: Teixeira Vitienes (Colexio cántabro). Mostrou carton amarelo a Martí (m. 73) e Ayoze (m. 90) polo Mallorca e a Seoane (m. 75) no Deportivo

jueves, 11 de noviembre de 2010

DEPORTIVO 2 - Osasuna 1 (Copa)




Nova vitoria do Depor desta volta na copa, que nos permite pasar de rolda nesta competición.O 2-1 final no marcador foi suficiente despois do empate a 1-1 no Reino de Navarra.Un Depor bastante metido no partido (sobretodo na segunda parte) adiantouse cun gol de Riki.Máis tarde un golazo de Lassad desfixo o empate que habia posto Leka para o Osasuna no marcador.A grada bastante chea e con moi bó ambiente a pesar do mal tempo.

Ficha técnica:

Deportivo: Manu; Seoane, Zé Castro (Colotto, m. 75), Aythami, Rochela, Morel; Juan Rodríguez, Juca (Rubén Pérez, m. 28), Valerón, Juan Domínguez, e Riki.

Osasuna: Riesgo; Nelson, Josetxo, Sergio, Monreal; Nekounam, Lolo; Juanfran (Kike Sola, m. 67), Vadocz, Calleja (Soriano, m. 67); e Leka.

Goles: 1-0, m. 53, Riki; 1-1, m. 62, Leka; 2-1, m. 64, Lassad.

Arbitrucho: Fernández Borbalán (Colexio andaluz). Mostrou carton amarelo a Calleja (m. 38) e expulsou a Sergio por doble amarela (m. 52 e m. 56) no Osasuna.

martes, 9 de noviembre de 2010

FESTA DE NADAL

O 3 de Decembro no lugar habitual (Sala Boite do "Playa Club").As entradas estarán dispoñibles no posto de material no estadio.Os socios entrarán por 8 euros e os non socios por 12 euros.Non podedes faltar.

Levante1 - DEPORTIVO 2

Primeira victoria a domicilio da tempada.Despois de casi un ano sen facelo o equipo sobrepuxose ao Levante,chegando a gañar por dous goles de diferencia e sen pasar moitos apuros ata que cerca do final o equipo local acortou distancias no marcador poñendo contra as cordas ao Depor nos dez últimos minutos do encontro.Segunda vitoria consecutiva que nos permite sair dos postos de descenso.

Ficha técnica:

Levante: Manolo Reina; Javi Venta, Ballesteros, Nano, Del Horno; Sergio, Pallardó (Felipe Caicedo, m. 55); Valdo (Xavi Torres, m. 55), Suárez (Xisco Nadal, m. 66), Juanlu e Stuani.

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Seoane; Saúl (Juca, m. 77), Juan Rodríguez, Rubén Pérez, Adrián (Lassad, m. 84) e Riki (Pablo Álvarez, m. 62).

Goles: 0-1, m. 10, Riki; 0-2, m. 52, Aythami.

Arbitrucho: Teixera Vitienes (Colexio cántabro). Mostrou carton amarelo a Nano (m. 45) e Del Horno (m. 90) do Levante e a Lassad (m. 90) e Colotto (m. 90) no Deportivo.

jueves, 4 de noviembre de 2010

DEPORTIVO - Espanyol (31.10.10)

martes, 2 de noviembre de 2010

LOTERÍA DE NADAL XA DISPOÑIBLE (nº1987)

DEPORTIVO 3 - Espanyol 0



Primeira vitoria do Depor esta tempada,tardou en chegar pero as ganas fixeron que fose de maneira sobrada.Tres goles,os mesmos que se habian marcado no que levamos de campionato,foron os que se lle endosaron a un Espanyol que mostrou ganas na primeira parte,pero que na segunda foi sacado do partido por un Depor ao que sí se lle viron maneiras,motivación e ganas de facer as cousas ben,destacando xogadores como Adrian e Colotto.Este é o camiño que hai que seguir,esperemos que sexa unha inxección de moral para os xogadores e afeccionados,xa que falta facía.A pesar de como están as cousas nós seguimos ao noso e volvemos despregar un pequeno tifo que debido ao tempo e sobretodo ao vento non quedou como se esperaba,aínda así podémonos dar cun canto nos dentes.Grada a rebentar e animación na mesma linea dos últimos partidos.Durante o previo e descanso do partido xa puidestes facervos co novo material do grupo.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Aythami, Lopo, Colotto, Rindaroy (Seoane, min.45); Rubén Pérez, Juan Rodríguez, Saúl (Pablo Álvarez, min.66), Adrián; e Riki (Lassad, min.74).

Espanyol: Cristian Álvarez; Chica (Javi López, min.70), Víctor Ruíz, Forlín, David García; Duscher, Baena (Álvaro, min.45), Dátolo, Verdú; Luis García e Callejón (Iván Alonso, min.64).

Goles: 1-0 Adrián, min.26; 2-0 Lopo, min.75; 3-0 Colotto, min.86.

Arbitrucho: Undiano Mallenco (Colexio Navarro). Amonestu con tarxeta amarela a Rindaroy no Deportivo e a Javi López, David García e Víctor Ruíz do Espanyol.