domingo, 30 de enero de 2011

DEPORTIVO 3 - Sevilla 3




Bo partido do Depor onte en Riazor.Un lavado de cara bastante visible,onde viuse a un Depor con máis confianza e máis intensidade,aínda así non foi suficiente para pasar dun empate "in estremis" a tres goles, despois de desaproveitar dous goles de vantaxe e unha superioridade numérica de xogadores en case a totalidade da segunda parte.Bonita xornada extrafutbolística durante todo o fin de semana,aproveitando a visita dos nosos amigos de Biris.Debido aos malos resultados cosechados nas derradeiras xornadas, fixo falta lembrarlles aos xogadores que defenden a nosa entidade durante o calentamento previo ao encontro, a UNIÓN E COMPROMISO que exisimos no seu día, que servíu como previo do posterior tifo co que recibimos ao equipo.Ao longo da primeira parte sacouse unha pancarta mensaxe para felicitar o 35º aniversario dos Biris.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Zé Castro (Valerón, min.80), Aythami, Manuel Pablo; Rubén Pérez, Antonio Tomás (Juca, min.26), Míchel (Juan Domínguez, min.56); Adrián e Lassad.

Sevilla: Palop; Fazio (Zokora, min.75), Cáceres, Alexis, Escudé; Dabo, Renato, Alfaro (Lautaro Acosta, min.53), Capel (Javi Varas, min.58); Luis Fabiano e Negredo.

Goles: 1-0 Lassad, min.14; 2-0 Lassad, min.61; 2-1 Negredo, min.63; 2-2 Escudé, min.73; 2-3 Negredo, min.79; 3-3 Laure, min.87.

Arbitrucho: Ayza Gámez (Colexio Valenciano). Cartón amarelo a Zé Castro (Deportivo) e a Dabo e Negredo (Sevilla). Expulsou con vermella directa a Palop do Sevilla.

miércoles, 26 de enero de 2011

Zaragoza 1 - DEPORTIVO 0

Vai tocar sufrir ata finais de tempada xa que non se amosan sintomas de mellora no xogo do equipo.Partido malísimo no que o Zaragoza ca lei do mínimo esforzo foi capaz de gañar pola mínima a un apático e pésimo Depor. Apatía que levan arrastrando todos e cada un dos xogadores do plantel deportivista durante os derradeiros encontros,deixando polo chan a imaxe da nosa identidade que en definitiva é o que nos interesa.Volevmos lembrar: UNIÓN E COMPROMISO nestes momentos difíciles.

Ficha técnica:

Zaragoza: Leo Franco; Diogo, Jarosik, Contini, Obradovic; Ponzio, Gabi, Ander Herrera (Jorge López (m.83), Boutahar (Lafita, m.66); Braulio e Sinama (Bertolo, m.51).

Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Aythami, Lopo, Manuel Pablo (Seoane, m.76); Antonio Tomás, Juan Rodríguez (Pablo Álvarez, m.63), Rubén Pérez, Lassad (Valerón, m.70) e Adrián.

Goles:
1-0, m.38, Boutahar.

Arbitrucho:
Fernández Borbalán (Colexio andaluz). Mostrou cartón amarelo a Ander (m.18), Obradovic (m.53), Contini (m.89) e Ponzio (m.94) do Zaragoza e a Rubén Pérez (m. 76) e Laure (m.95) do Deportivo.

martes, 18 de enero de 2011

CURVA MÁXIKA

Mañá teredes a vosa disposición un novo número do noso fanzine "Curva Máxika" no que vos poñemos ao día de todo o acontecido nas últimas datas (entrevistas,reportaxes,crónicas de viaxes,etc...) e no que tamén vos informamos de moitas outras novas que ainda están por chegar.Non esquezas de mercalo.

Valencia 2 - DEPORTIVO 0

Nova derrota que deixa un mal sabor de boca xa que o depor non deu tanta mágoa como nos últimos partidos,dominando por momentos do xogo, sobretodo na maior parte do segundo tempo.Mal resultado que nos volve a deixar cun pé nos postos de descenso.

Ficha técnica:

Valencia: Guaita, Miguel, Dealbert, Stankevicius, Mathieu, Maduro (Tino Costa, m.68), Banega (Topal, m.76), Pablo, Mata, Vicente (Jordi Alba, m.87) e Soldado por el Valencia.

Deportivo: Aranzubia, Manuel Pablo, Aythami, Lopo, Colotto, Laure, Antonio Tomás, Juan Domínguez (Juca, m.83), Lassad (Valerón, m.78), Juan Rodríguez (Pablo Álvarez, m.85) e Adrián.

Goles: 1-0, m.77, Mathieu; 2-0, m.90 Pablo Hernández.

Arbitrucho: Undiano Mallenco (Colexio navarro). Mostró carton amarelo a Maduro (m.11), Vicente (m.82) e Pablo Hérnandez (m.90) do Valencia e a Aythami (m. 55) e Laure (m. 58) do Deportivo.

sábado, 15 de enero de 2011

Almería 1 - DEPORTIVO 0 (Copa)

Rindaroy en propia meta deulle o triunfo pola mínima ao Almería,deixando así aberta a eliminatoria para o partido de volta en Riazor.

Ficha técnica:

Almería: Esteban; Michel Macedo, Carlos García, Marcelo Silva, Mbami, Bernardello, Corona (Pellerano, m.87), Juanma Ortiz; Piatti (Crusat, m.75), Ulloa e Uche (Jonathan, m.66).

Deportivo: Manu; Manuel Pablo, Lopo (Aythami, m.45), Rochela, Zé Castro, Rindaroy; Juan Rodríguez (Juca, m.61), Rubén Pérez, Desmarets, Pablo Álvarez (Valerón, m.60) e Lassad.

Goles: 1-0, m. 35, Rindaroy (p.p.)

Arbitrucho: Estrada Fernández (Colexio catalán). Mostrou cartón amarelo a Mbami (m.32), Berdardello (m.63) e Carlos García polo Almería e a Rochela (m.74) no Deportivo.

lunes, 10 de enero de 2011

VELLOS TEMPOS



DEPORTIVO 0 - Barcelona 4



O guión xa estaba marcado e acabouse cumprindo ao dedillo.O Depor fixo esforzos para que a derrota non fose tan grande e non se merecía tanto castigo, pero o fútbol ten estas cousas e a día de hoxe xogar contra a barca é o que conleva.Podemos dicir sen equivocarnos que esa non é a nosa liga.A pesar da goleada non se parou en ningún momento de animar,demostrando que para uns poucos non existen nin existirán un barcelona e un madrid que acabe coas nosas ilusións.Moitos dos presentes no estadio o outro día nunca chegardes a gozar tanto como o fixemos nós no seu día.Como ben dí a canción: "SER DE LOS QUE GANAN ES MUY FÁCIL,SER DEL DEPORTIVO NOS PARECE MEJOR".

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Manuel Pablo; Antonio Tomás, Rubén Pérez, Saúl (Valerón, min.55), Juan Domínguez (Pablo Álvarez, min.78), Desmarets (Rindaroy, min.70); e Adrián.

Barcelona: Valdés; Adriano, Piqué, Puyol, Abidal; Mascherano, Keita, Iniesta (Thiago, min.82); Villa (Bojan, min.69), Messi e Pedro (Afellay, min.82).

Goles: 0-1 Villa, min.25; 0-2 Messi, min.51; 0-3 Iniesta, min.79; 0-4 Pedro, min.81.

Árbitro: Delgado Ferreiro (Colexio Vasco). Amonestou con cartón amarelo a Rubén Pérez por parte do Deportivo.

DEPORTIVO 3 -Córdoba 1


Un pouco de sufrimento sevíu para darlle un pouco de emoción a un partido que en principio non asemellaba complicado, pero que se truncou nos minutos finais do partido.Ao final na prórroga o Depor sentenciou a eliminatoria metendonos así en cartos de final contra o Almería.

Deportivo: Manu; Laure, Colotto, Zé Castro, Rochela, Morel (Seoane, min.85); Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Valerón, Pablo Álvarez; e Dioni (Adrián, min.59).

Córdoba: Alberto; De Coz, Agus (Callejón, min.81), Arteaga, Charles, Javi Flores (Pepe Díaz, min.63), Usero, Díaz de Cerio (Sesma, min.63), Beobide, Tena, Fernández.

Goles: 0-1 Arteaga, min.86; 1-1 Adrián (p.), min.90; 2-1 Adrián, min.102; 3-1 Adrián (p.), min.120.

Arbitrucho: Álvarez Izquierdo (Colexio Catalán). Amonestou con cartón amarelo a Morel, Antonio Tomás, Juan Rodríguez e Rochela no Deportivo e a Agus, Fernández e Sesma no Córdoba.Vermella directa a Tena.

miércoles, 5 de enero de 2011

Ath.Bilbao 1 - DEPORTIVO 2

Nova victoria a domicilio nun sempre complicado San Mamés.Bo resultado para comezar o ano e sobretodo para afrontar esta complicada costa de xaneiro.

Ficha técnica:

Athletic de Bilbao: Iraizoz; Iraola, San José, Ustaritz, Castillo (Gabilondo, m.62), Gurpegui, Orbaiz, David López (Vélez, m.59), Muniain, Toquero (Susaeta, m.59) e Fernando Llorente.

Deportivo:Aranzubia; Laure, Colotto, Aythami, Lopo, Manuel Pablo; Rubén Pérez, Juan Rodríguez, Juan Domínguez (Juca, m.83), Lassad (Antonio Tomás, m.50) e Adrián (Pablo Álvarez, m.92).

Goles: 0-1, min.22, Adrián (p.); 0-2, min.53, Adrián; 1-2, min.86, Llorente.

Arbitrucho: Rubinos Pérez (Colexio madrileño). Mostrou carton amarelo a Aythami (m.67) no Deportivo. Expulsou con vermella directa a San José (m. 34) e con doble amarela a Juan Rodríguez (m.4 y m.45).