lunes, 28 de febrero de 2011

DEPORTIVO - Real Madrid (26.2.11)

DEPORTIVO 0 - Real Madrid 0





Parece que volveron as meigas a Riazor e novamente o Madrid volveu saber o que é visitar noso feudo.Partido moi traballado do Depor con moita seriedade na defensa e con moito sufrimento, sobretodo na recta final do partido, no que un Madrid enrabietado sacou todas as súas armas mandando incluso dous balons ao pau, ata que finalmente deuse por vencido.Ao final tanto traballo e sufrimento tivo os seus froitos e un punto que sabe a gloría quedou en Riazor.Un punto que non serve para foder unha liga como moitos celebrabades ao final do partido,lembramos que trátase dun punto moi importante para o futuro do Depor esta tempada que vaise facer moi costa arriba.A liga que a gañen e a perdan polos seus propios meritos.A ver se temos un pouco de sentido e máis co que nos estamos xogando.A grada moi chea como de costume e como é habitual con xente que só se lles ve o pelo nestes partidos.Lembrámoslles dende estas liñas que o Depor tamén xoga contra o Almería,Getafe,Osasuna,etc., que tamén son partidos importantes que hai que gañar.Novo tifo para a colección,con algún fallo pero que foi enmendado sen problema.Parte do tifo serían os petos,algo novedoso na nosa bancada que non quedou do todo vistoso grazas á "colaboración" da xente que aos cinco minutos do partido tirabaos ao chan xa que debían de ser moi incómodos.Reiteramos os nosos "agradecementos" ante tal despregamento de "colaboración",non fai falla que se vos lembre onde queremos a esa xente xunto á que só vén ao campo a ver este tipo de partidos.Aos de sempre,aos que sempre están onde teñen que estar, dicirlles que grazas e que xuntos como cada Domingo sairemos desta.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Morel; Rubén Pérez, Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Guardado (Pablo Álvarez, min.56); Adrián (Lassad, min.71) e Sand (Riki, min.83).

Real Madrid: Casillas; Ramos, Pepe, Carvalho, Marcelo (Granero, min.76); Lass (Adebayor, min.60), Alonso, Kaká (Di María, min.60), Özil, Cristiano e Benzema.

Arbitrucho: Fernández Borbalán (Colexio Andaluz). Amonestou con carton amarelo a Riki, Sand, Laure e Rubén Pérez no Deportivo e a Granero, Carvalho e Pepe do Real Madrid.

miércoles, 23 de febrero de 2011

CURVA MÁXIKA

No vindeiro encontro contra o Madrid teredes a vosa disposición un novo número do noso fanzine "Curva Máxika", no que como de costume vos poñemos ao día das andanzas da peña ata o día de hoxe, entre outras cousas.Para mercalo acudide ata o noso posto de material ou na bancada durante o descanso do partido.

NOVO MATERIAL


*Máis información no apartado de material

Almería 1 - DEPORTIVO 1

Unha vez máis a ecasez de atitude dos xogadores foi clave para o mal partido que disputou o Depor nos Xogos do Mediterraneo.Nin o solitario gol de Piatti ao principio da segunda parte,foi motivo suficiente para meter aínda que só fose un pouco aos xogadores deportivistas no partido.Houbo que esperar aos minutos de desconto,para que Aranzubia nunha acción á desesperada lograse rematar un balon que acabaría nas redes da porteria almeriense.Un punto importantisimo o conseguido polo gardameta branquiazul,o único salvable do encontro.

Ficha técnica:

Almería:
Dani Alves; Silva, Pellerano, Acasiete, Luna; Mo, Bernardello; Feghouli (Juanito, m.60), Piatti (Jakobsen, m.76), Uche (Vargas, m.85) e Ulloa.

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Lopo, Morel; Juan Domínguez (Lassad, m.60), Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Rubén Pérez (Pablo Álvarez, m.76), Riki (Sand, m.64) e Adrián.

Goles: 1-0, m.48, Piatti; 1-1, m.90, Aranzubia.

Arbitruchoo: González González (Colexio castelán leonés). Mostrou carton amarelo a Lopo (m.18), Rubén Pérez (m.72) e Sand (m.83) por el Deportivo.

jueves, 17 de febrero de 2011

DEPORTIVO - Sevilla (29.1.11)

martes, 15 de febrero de 2011

RIAZOR BLUES 1987 (Copa 2010-11)

lunes, 14 de febrero de 2011

DEPORTIVO - Sporting (18.12.10)

DEPORTIVO 1 - Villareal 0



Xa facía tempo que non se gañaba e demostrando que se se quere, pódese.A atitude que se pedía os días previos ao partido demostrárona onte sobre o terreo de xogo gañando pola mínima pero ben, a un villareal en horas baixas.Un gol de Lopo foi suficiente, pero que sirve para coller unha bocanada de aire para afrontar os vindeiros choques que van ser decisivos e non estar ca auga no pescozo no tramo final de temporada que se pode poñer moi costa arriba.De todos os xeitos o cambio de atitude non vai servir de nada se no vindeiro encontro non se segue no mesmo camiño.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Lopo, Morel; Juan Rodríguez, Antonio Tomás (Juca, m.85), Juan Domínguez, Rubén Pérez, Adrián (Lassad, m.89) e Riki (Xisco, m.76).

Villarreal: Diego López; Mario, Marchena (Senna, m.66), Gonzalo, Capdevila; Musacchio, Matilla (Bruno, m.55); Borja Valero, Cani (Rubén, m.61), Cazorla e Nilmar.

Goles: 1-0, m.60, Lopo.

Arbitucho: Ramírez Domínguez (Colexio Andaluz). Mostrou carton amarelo a Juan Rodríguez (m. 80) no Deportivo, e a Marchena (m. 27) e Nilmar (m.56) no Villarreal.

jueves, 10 de febrero de 2011

NOVO MATERIAL


*Máis información no apartado de material

domingo, 6 de febrero de 2011

RESPETADE O NOSO ESCUDO

Despois do visto a pasada xornada en Xetafe volven a pasar polas nosas cabezas lembranzas non borradas desde aquela non afastada tempada onde comezamos este “xogo” co angustioso descenso ata onte mesmo, onde se disputaron moitos partidos e sucederon algúns detalles non merecidos que non esqueceremos por parte dos “implicados” neste asunto que a todos nos atinxe. Visto o visto e a pesar de intentalo con ilusión, forza, constancia e cun número alto de xente implicada en elo, temos que volver ao punto de partida e explicar as cousas desde cero para os despistados.
Coruña é a nosa cidade, o Depor o noso equipo e o fútbol e o mundo das bancadas a nosa paixón e o noso estilo de vida. Estes tres conceptos xunto con algún máis que agora non vén a conto dicir, forman os nosos ideais, os cales imos defender ata o final.
Partido tras partido enchemos a bancada ata arriba; sábado, domingo, luns, martes, mércoles… a calquera hora, en calquera circunstancia e fora quen fora o rival que tíñamos enfronte. Animamos a morte ao club independentemente do resultado e da actitude mostrada polos futbolistas que defenden as nosas cores. Realizamos varias accións para motivar a uns xogadores perdidos e sen gañas (é malo xeneralizar pero é o que toca) que sacaron as bágoas e admiración de algúns futbolista nados lonxe da nosa terra, que vendo a situación do fútbol actual é digno de mención.
Parece ser que todo isto non é suficiente para motivar ao equipo, sen remontarnos moi lonxe chegan á nosa cabeza vergonzosos partidos como o do Zaragoza, Córdoba e Almería entre outros, ata chegar ao de onte. Despois de cada un destes encontros escoitamos a mesma canción de sempre, “a partir de hoxe imos espertar”, que se “van a deixar todo”, que “todo está perfecto e sen ningún problema”, etc .…. pero demostran que a realidade é outra.
Pídese o apoio da afección para saír disto, pero ese non é o problema porque… ¿Cando fallou a afección? ¿Deixouse de apoiar ao equipo nalgún momento? ¿Porque se pide algo que nunca faltou? Máis ben acontece o contrario, hai poucas mostras de recoñecemento á afección que son os donos do escudo e da camiseta blanquiazul, e iso debería ser por lei….
Estivemos aí ata agora e seguiremos estando, aínda se cabe, con máis forza, enchendo a bancada, dándolle vida a Riazor, premendo ao rival e facendo todo o que estea nas nosas mans para apoiar ao club pero tamén deixamos claro que non somos unha peña de xubilados, nin unha peña de ¿nenas? loucas por un xogador de fútbol, nin un grupo de “tribuneiros” amargados nin uns boca “chanclas” de bar. Aqueles que non respecten o noso escudo, camiseta e afección estarán buscando un mal inimigo.
O Domingo volveremos a estar enchendo a bancada, loitando unha vez máis para salvar ao equipo desta delicada situación e deixándonos os “huevos” polas nosas cores, nós non imos a fallar, así que amigos futbolistas esperamos que vos unades a nós xa que a nosa xente, como demostraron partido a partido, xa estamos ansiosos porque o balón comece a rodar.

Forza Depor

Getafe 4 - DEPORTIVO 1

Ridículo.

Ficha técnica:

Getafe: Ustari, Miguel Torres (Víctor Sánchez, m.17), Cata, Marcano, Mané, Casquero, Boateng (Borja, m.61), Pedro Ríos, Gavilán, Colunga (Pablo Pintos, m.69) e Miku.

Deportivo de La Coruña: Aranzubia, Colotto, Aythami, Zé Castro, Manuel Pablo, Laure, Rubén Pérez, Juan Domínguez, Míchel (Riki, m.45), Lassad (Valerón, m.61) e Adrián (Xisco, m.66).

Goles: 1-0, m.20, Colunga; 2-0, m.25, Colunga; 3-0, m.44, Miku; 4-0, m.57, Pedro Ríos; 4-1, m.68, Riki (p.).

Arbitrucho: Álvarez Izquierdo (Colexio catalán). Mostrou cartulina amarilla a Casquero, Pedro Ríos, Víctor Sánchez, Borja y Marcano (Getafe) e a Aythami, Rubén Pérez, Colotto e Laure (Deportivo).