martes, 26 de abril de 2011

Hércules 1 - DEPORTIVO 0



Un bus desprazado ata Alicante coa esperanza de ver unha vitoria do Depor que nos dese dunha vez a tranquilidade neste tramo final de tempada.Pero nin sabendo que gañando conseguiríamos a permanencia virtual foron capaces de traerese os tres puntos, dando a súa vez ás a un Hércules que o puidemos deixar afundido.No descanso do partido vimonos na obriga de abandoar o estadio debido a represión policial,xa que varios compañeiros foron expulsados do estadio sen motivo ningún.Máis detalles disto e do resto da viaxe no próximo número do noso fanzine "Curva Máxika".

Ficha técnica:

Hércules: Calatayud; Cortés, Juanra (Pamarot, min.71), Abraham Paz, Paco Peña; Farinós (Sendoa, min. 77), Abel Aguilar; Kiko Femenía (Rufete, min.82), Thiago, Drenthe; Trezeguet

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo (Laure, min.43), Lopo, Colotto, Morel; Rubén Pérez (Adrián, min.76), Juan Rodríguez; Guardado, Valerón, Lassad; Xisco (Juan Domínguez, min. 54)

Goles: 1-0 Tiago Gomes (min. 59)

Arbitrucho: Ramírez Domínguez (Colexio Andaluz). Amonestou con cartón amarelo no Hércules a Drenthe e Peña e no Deportivo a Lopo, Juan Rodríguez, Morel e Juan Domínguez.

viernes, 22 de abril de 2011

DEPORTIVO - Racing (17.4.11)

lunes, 18 de abril de 2011

DEPORTIVO 2 - Racing 0




Bo espectáculo o vivido onte tanto no terreo de xogo como nas bancadas de Riazor.O Depor impúxose ao Racing por dous goles a cero nun novo e decisivo partido para o futuro deportivista.Ambiente espectacular,comandado pola nosa bancada,facendo cantar ao resto do estadio como facía tempo que non se vía.Unha autentica festa vivida nas bancadas que se ten que repetir nos partidos vindeiros no noso estadio.Pancartas protesta contra a lei do deporte e de ánimo para o noso compañeiro Edu do Kolectivo Sur do Xerez.Tamén se publicou un novo número do noso fanzine "Curva Máxika".

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Lopo, Morel; Antonio Tomás (Juan Domínguez, min.67), Rubén Pérez, Guardado, Valerón; Lassad (Pablo Álvarez, min.85) e Xisco (Adrián, min.62).

Racing de Santander: Toño; Pinillos, Henrique, Torrejón, Christian; Lacen (Luque, min.60), Colsa, Cisma, Pinillos; Bolado (Rosenberg, min.58) e Ariel Nahuelpan (Giovani Dos Santos, min.45).

Goles: 1-0 Lassad, min.45; 2-0 Xisco, min.48.

Árbitro: Álvarez Izquierdo (Colexio Catalán). Amonestou con carton amarelo a Antonio Tomás e Xisco do Deportivo e a Pinillos e Cisma do Racing de Santander.

miércoles, 13 de abril de 2011

NEN UN PASO ATRÁS

Aquí estamos de novo ante un partido vital, outra das finais que nos quedan das que xa falamos en repetidas ocasións. Esta vez non hai nada especial preparado pero iso non debe restar interese, nin debe ser indicativo de relax para nós e o resto de afeccionados. Xogámonos o mesmo ou máis que no anterior encontro disputado ante o Mallorca, pero esta vez ante un rival directo, que o podemos meter no pozo. O club estase movendo poñendo entradas a prezos populares (3 entradas a 5 euros para os socios) entre outras iniciativas, para conseguir levar o maior número de deportivistas ás bancadas de Riazor.

Parece que a climatoloxía nos vai respectar durante toda a mañá e tarde do domingo, así que compañeiros o sábado marchade cedo á camiña xa que o domingo temos outra dura batalla para conseguir manternos en 1ª e, ao igual que en anteriores ocasións, debemos marcar ao equipo o camiño a seguir, para que os xogadores se contaxien da nosa forza e a utilicen no terreo de xogo para conseguirmos unha nova vitoria.

O domingo debe ser outra festa branquiazul, outra demostración de que a cidade e o deportivismo non vai abandonar ao seu equipo nestes tempos malos, así que desde ben cedo debemos volver a tinguir os arredores de Riazor de cor branquiazul. Hai que loitar en vida, xa que lamentarse non levará nunca a nada e iso imos deixarllo aos perdedores. Durante esta dura tempada deixamos bastante clara a fidelidade ao noso equipo e agora só nos queda a recta final onde debemos apertar se cabe con máis forza.

O dito, o domingo a abarrotar de novo as rúas e a bancada, non pode faltar ninguén, xuntos conseguirémolo. Unión e Compromiso para todos.

Forza Depor.

IV XORNADAS (NON Á LEI DO DEPORTE)

CURVA MÁXIKA

Novo número do noso fanzine "Curva Máxika", que desta volta ven cun pouco de demora,pero como xa di o outro "todo o bo faise esperar". Recordade que o teredes a vosa disposición no vindeiro encontro e que o atoparedes no cuartito de material ou na bancada no descanso do encontro.Non esquezas de "levar o pavo do fanzine".

Málaga 0 - DEPORTIVO 0

Punto importantísimo sacado na Rosaleda tras sobrepoñerse a inxusta expulsión de Laure e xogar con un xogador menos durante toda a segunda parte contra o rival máis directo que tiñamos ata o momento.Agora a seguir intentando sobrepoñerse as sete finais que nos quedan por diante ata final de tempada.

Ficha técnica:

Málaga: Willy Caballero, Gámez, Kris, Demichelis, Eliseu, Recio (Maresca, min. 57), Apoño, Duda, Portillo (Quincy, min. 66), Sebas Fernández (Juanmi, min. 76) e Rondón.

Deportivo: Aranzubia, Laure, Colotto, Lopo, Manuel Pablo, Antonio Tomás, Ruben Pérez; Guardado, Juan Rodríguez (Juan Domínguez, min. 71), Valerón (Morel, min. 46) e Xisco (Lassad, min 85).

Arbitrucho: Pérez Lasa (Colexio Vasco). Mostrou cartón amarelo a Eliseu, Gámez, Maresca, Quincy e Gámez do Málaga e a Guardado e Juan Rodríguez do Deportivo. Expulsou a Laure por dobre amonestaciónao final da primeira parte.

martes, 5 de abril de 2011

DEPORTIVO - Mallorca (3.4.11)

lunes, 4 de abril de 2011

DEPORTIVO 2 - Mallorca 1







O Depor mostrou dúas caras na tarde de onte.A mala na primeira parte, na que un Depor que facía lembrar ao do partido contra o Levante encaixou un gol que facía porse ao respectable no peor antes de chegar ao descanso.Tras o mesmo e da man dun rexuvenecido Valerón o Depor mostrou a súa mellor cara e case sen deixar xogar ao Mallorca remontou un partido que se puxo moi costa arriba desde un principio.Xisco e Lassad marcaron os goles da remontada que nos dan un pequeno respiro para afrontar os próximos partidos.Moi boa acollida a "marcha deporivista" convocada pola nosa peña nas horas previas ao partido,tinguindo as rúas da cidade de branco e azul, lembrando por momentos tempos pasados e mellores (deportivamente falando) e onde se empezou a cociñar a posterior vitoria do equipo.Dende estas liñas aproveitamos para dar as grazas a todos os deportivistas que acudiron á cita e quixeron apoiar con nós ao equipo nestes momentos tan compricados.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Manuel Pablo; Rubén Pérez, Juan Rodríguez, Pablo Álvarez (Valerón, min.45), Guardado; Xisco (Riki, min.65) e Lassad (Adrián, min.79).

Mallorca: Aouate; Joao Víctor, Ramis (Rubén, min.72), Nunes, Cendrós; Martí, Pereira (Víctor Casadesús, min.77), Tejera (‘Chori’ Castro, min.65), Kevin, Nsúe; e Webó.

Goles: 0-1 Webó, min.26; 1-1 Xisco, min.55; 2-1 Lassad, min.67.

Arbitrucho: Teixeira Vitienes (Colexio cántabro). Amonestou con cartón amarelo a Aranzubia, Lassad e Guardado no Deportivo e a Pereira do Mallorca.Vermella directa a Webó no minuto 90 por agredir a Rubén Pérez.