martes, 24 de mayo de 2011

DEPORTIVO 0 - Valencia 2









Ao final non puidemos conseguir a tan ansiada permanencia a pesar de pór todo e moito máis da nosa parte.Nada que comentar dun día tan triste para todo o "auténtico deportivismo". As imáxenes falan por si mesmas.Isto non é un adeus é un ata logo para o pesar de moitos.VOLTAREMOS!!

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Lopo, Laure; Rubén Pérez, Juan Rodríguez, Guardado (Lassad, min.80); Valerón, Adrián e Riki (Xisco, min.66).

Valencia: César; Bruno, Navarro, Dealbert, Jordi Alba; Albelda, Topal, Joaquín, Banega (Tino costa, min.60), Mata (Jonas, min.71); e Aduriz (Soldado, min.81).

Goles: 0-1 Aduriz, min.4; 0-2 Soldado, min.95.

Arbitrucho: Muñiz Fernández (Colexio Asturian). Amonestou con cartón amarelo a Colotto do Deportivo e a César do Valencia.

lunes, 23 de mayo de 2011

O DEPOR SOMOS NÓS

Despois do do sabado e sen entrar polo momento en porque pasou e quen son os responsables disto, demostramos partido a partido desde o primeiro minuto ata o último, que estamos por enriba de resultados e categorias, que non deixaremos nunca só ao noso equipo e que se este equipo estivo ahi ata o final foi gracias a nós, que o espabilamos e puxemolo en tension (dá vergoña allea escoitar ao xogador de turno comentar que o equipo tirou da afeccion).
O ano que vén xogaremos en segunda, seguro que Riazor non presentará o aspecto destes ultimos partidos, pero estaremos os mellores. Demostramos que non necesitamos titulos, grandes competicións, grandes obxectivos, nin magnificos partidos para petar a bancada e facer retumbar o estadio. Enchemos a bancada un luns, un martes, un sabado, un domingo, ás 9, ás 8, ás 10, ás 5 e voltarémolo facer.
Estamos seguros que todos vós que este ano estivechedes ahí, a xente de sempre, a de verdade, estaredes de novo a vindeira campaña desde o primeiro minuto do primeiro partido. É mais, se a segunda division comezase en 15 dias estariamos todos outra vez ao pé do cañon coa mesma ilusion e as mesmas gañas de sempre.
Ata esta tempada nunca estivo a bancada chea desta forma, este sentimento, esta forza e estas gañas, nunca perdemos a ilusion e sempre houbo unha idea nova para seguir apretando e facer loitar ao equipo. Grazas a todos polo vivido xuntos este ano, os moitos kilometros percorridos, as longas horas en bus, as noites de descontrol, o paso da semana pensando no equipo e no grupo, as discusións, os momentos de tensión, as bágoas, as risas e todo iso que non se pode contar, porque aínda que xoguemos en segunda, terceira ou en primeira,isto non nolo vai a quitar ninguén e o ano que vén voltaremos vivir de novo todo isto xuntos, porque ningún de nós, coma demostramos este ano, ímonos a borrar nestes tempos malos. Forza Depor. Sempre Ultras.

viernes, 20 de mayo de 2011

CURVA MÁXIKA nº121

No vindeiro encontro en Riazor teredes á vosa disposición un novo número do noso fanzine "Curva Máxika". Estará a venta no posto de material ou na mesma bancada durante o descanso do importante encontro. Dadevos présa á hora de mercalo xa que vai ser o último que se faga esta tempada e no que vos poñemos ao día de todas as novidades da peña.Non esquezas "o pavo" do fanzine.

miércoles, 18 de mayo de 2011

ESTA HINCHADA NUNCA SE RINDE!!

Desde Riazor Blues facemos un chamamento a todo o deportivismo para que o próximo Sáb. 21 ás 18hrs. na Prza. de Pontevedra nos volvamos a reunir e camiñemos xuntos ata Riazor. Unha vez alí, situados na porta “0”, transmitir ao Depor a forza e a ilusión que todos nós levamos dentro para superar o último reto deste longo e duro ano. Non pode faltar ninguén, non valen desculpas de ningún tipo, estámonos xogando o futuro do noso club, así que compañeiros pouco máis hai que dicir, temos que volver a xogar con 12.

Así mesmo instamos a todo o deportivismo, en especial á nosa xente, a que ás 21:15 entremos todos ao estadio para ir creando ambiente e preparar a caldeira que ten que ser Riazor, os xogadores notaran na súas costas unha forza que lles empuxe ao triunfo.

Estamos seguros da vitoria e para poder desfrutalo en condicións rogamos a todo o público que se absteña de invadir o terreo de xogo unha vez finalizado o encontro e poder celebrar como nos merecemos, que somos de 1ª.

Forza Depor!!!

sábado, 14 de mayo de 2011

DEPORTIVO 2 - Ath.Bilbao 1




Partido que se empezou a gañar o dia previo coa nosa presenza no adestramento do equipo.En gran número démonos cita no estadio de Riazor para seguir mostrando apoio aos nososos, xunto a máis deportivistas que se viron atraidos polo chamamento.Xa o día do partido ambiente de gala na nosa bancada como no resto do estadio a apesar de ser día laborable.Sufrimento de partido que se puxo moi costa arriba desde o minuto dous con gol de Toquero que fixo pensar o peor ao respectable.Ao final tocou remontada e primeiro "match ball" salvado.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Manuel Pablo; Rubén Pérez, Juan Rodríguez (Aythami, min.78), Guardado, Valerón; Riki (Juan Domínguez, min.91) e Adrián (Lassad, min.85).

Ath. de Bilbao: Iraizoz; Iraola, Ekiza, Amorebieta, Castillo; Gurpegui (Iturraspe, min.57), Javi Martínez (Iabi Gómez, min.76), Muniain, David López (Gabilondo, min.67); Toquero e Llorente.

Goles: 0-1 Toquero, min.3; 1-1 Adrián, min.22; 2-1 Castillo (p.p.), min.70.

Arbitrucho: Mateu Lahoz (Colexio Valencian). Amonestou con cartón amarelo a Riki, Juan Rodríguez e Guardado do Deportivo e a Gurpegui e Amorebieta do Ath. de Bilbao.

lunes, 9 de mayo de 2011

Sporting 2 - DEPORTIVO 2



Desprazamento de dous buses e un microbus ata terras asturianas.Inesperado despregue policial nun pobo a 52 kms. de Xixón,onde unha decena de grilleras esperaban a nosa chegada.Despois dun pequeno cacheo fomos obrigados á forza a desprazarnos (baixo ameazas) ata a cidade de Oviedo a pasar as horas previas ao partido.Chegada ao Molinón sobre o tres e media e directos ao estadio.Xunto a nós uns 3500 deportivistas tinguindo de branquiazul boa parte das bancadas dun remodelado Molinón, que fomos testemuñas dun auténtico roubo de partido nos minutos de desconto cando xa saboreabamos a vitoria.Ao final un empate que sabe a pouco despois de facer o mellor partido a domicilio da tempada.Empate que nos deixa en moi mala situación a falta de tres xornadas.Máis detalles da viaxe no vindeiro número do noso fanzine "Curva Máxika".

Ficha técnica:


Sporting
: Juan Pablo; Lora, Botía, Iván Hernández, José Ángel; Eguren, Rivera (André Castro, min. 76), Nacho Cases (Bilic, min. 63); De las Cuevas, Ayoze (Luis Morán, min. 63); eDavid Barral

R.C. Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Aythami, Manuel Pablo; Rubén Pérez, Juan Rodríguez; Valerón, Guardado (Pablo Álvarez, min. 90); Adrián (Lassad, min. 85) e Riki (Juan Domínguez, min. 74).

Goles: 0-1, Adrián, min. 8. 1-1, Ayoze (p), min. 32. 1-2, Adrián, min. 38.

Arbitrucho: Estrada Fernández (colexio catalán). Amonestou a Nacho Cases, Laure (min. 31), De las Cuevas (min. 66), Iván Hernández (min. 78), David Barral (min. 81), Aranzubia (min. 84) e Diego Colotto (min. 94). Expulsou ao segundo entrenador del Sporting, Iñaki Tejada (min. 84) e amonestou ao entrenador do Deportivo, Miguel Ángel Lotina (min. 26)

domingo, 8 de mayo de 2011

NOVO MATERIAL


*máis información no apartado de material

jueves, 5 de mayo de 2011

NOVO MATERIAL

*máis información no apartado de material

lunes, 2 de mayo de 2011

DEPORTIVO 0 - At.Madrid 1


Nova "final" perdida e xa son poucas as opcións que quedan para manter a categoría.Un solitario gol de Aguero deixa ao Depor en situación crítica.A pesar do mal momento deportivo que estamos a pasar, o deportivismo, empuxado en todo momento pola a bancada de General, está a mostrar a súa mellor cara, dando un ambiente envexable durante os noventa minutos que dura o partido,demostrando unha vez máis que non merecemos desdender e NON O IMOS A FACER.Novo tifo para recibir ao equipo,quedando bastante aceptable a pesar da pouca colaboración.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Morel (Seoane, min.30); Aythami, Juan Rodríguez, Juan Domínguez, Guardado (Zé Castro, min.75); Valerón e Xisco (Riki, min.71).

At.Madrid: De Gea; Ujfalusi, Perea, Godín, Filipe; Tiago, Mario Suárez, Reyes (Raúl García, min.86), Elías (Juanfran, min.68); Agüero e Diego Costa (Forlán, min.66).

Gol: 0-1 Agüero, min.80.

Arbitrucho: Turienzo Álvarez (Colexio Castelán-Leonés). Amonestou con cartón amarelo a Zé Castro do Deprotivo e a Forlán, Ujfalusi, Godín e Reyes do Atlético de Madrid. Lopo foi expulsado por dobre amonestación.