domingo, 28 de agosto de 2011

DEPORTIVO - Recreativo(27.8.2011)

DEPORTIVO 1- Recreativo 0







Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Morel; Jesús Vázquez, Álex, Pablo Álvarez (Salomão, min. 66), Guardado (Laure, min. 82), Valerón e Riki (Lassad, min. 75).

Recreativo: Manu; Ximo, Álvaro Vega, Manolo Martínez, Arcas (Pablo Sánchez, min. 46); Juan Villar, Matamala (Corcoles, min. 46), Zambrano, Aitor; Sergi Enrich (Fidel, min. 65) e Javi Álamo.

Goles: 1-0 Colotto (min. 10).

Arbitrucho: Francisco Arias López (Colexio Cántabro). Amonestou a Lassad e Ayoze por parte do Deportivo.No Recreativo veron amarela Sergi e Zambrano

jueves, 25 de agosto de 2011

QUE COMECE O ESPECTÁCULO

Pasaron tres meses dende que se consumase o descenso de categoría, a unha semana do comezo da Liga o club conta con 22.000 socios, superando de sobra o número de aboamentos da tempada pasada na máxima categoría. Estamos a vivir un rexurdimento do deportivismo, a maioría deses novos subscritores son xente nova que decidiron apoiar ao equipo da súa cidade, o cal pertence e representa a todos os coruñeses. Esta situación é digna de admirar, nun fútbol capitalizado polo RMCF e FCB, onde a LFP, televisión e demais medios de comunicación lles fan o xogo perfecto para que sigan medrando e expandíndose, manexando e dirixindo ao pobo submiso ao seu antollo.
Se nos poñemos a analizar as causas deste rexurdimento do deportivismo, para moitos parece ser que o ano pasado, a falta de 5 xornadas, alguén pulsou o botón de “activar deportivismo” e de súpeto todo o mundo comezou a moverse polo Depor, pero non máis lonxe da realidade e inda que poida parecer de fachendosos e a outros lles moleste, gran parte da culpa deste rexurdimento tena Riazor Blues.
Despois da longuísima tempada pasada, véñenseme á cabeza partidos onde a nosa zona estaba a rebentar nun Riazor case deserto, partidos de copa ante rivais de inferior categoría onde se te fixabas na bancada de xeneral parecía que se estaba xogando un encontro da champions, aquel adestramento antes do partido ante o Osasuna, as marchas organizadas para insuflar aire ao equipo, o adestramento antes do vital encontro ante o Athletic (onde se logrou convocar a máis de 1000 persoas nunhas 3 horas aprox. un luns laborable), a viaxe a Xixón, moitas lembranzas e situacións véñenseme á cabeza…
Ao final da tempada e despois de estar a sufrir durante todo o ano e ante a situación complicada do equipo, a cidade reaccionou e decidiu que loitaría polo seu equipo ata o final, acordádesvos do día do Valencia, as horas previas?…Todo o acontecido durante a campaña anterior, confirma que o esforzo realizado pagou a pena e despois de moitos anos onde o deportivismo estaba durmido, conseguiuse espertalo dese letargo e curiosamente coincide nun dos momentos máis complicados do equipo en 20 anos, atravesando unha difícil situación económica e cun descenso á categoría de prata.
Coa besta esperta afrontamos a próxima campaña, como rezaba a pancarta que sacou Yosi no Noroeste, “un año no es nada”, certo é, un ano non é nada; e os xogadores do noso club teñen a obriga de devolvernos á 1ºdivision, sabemos que non vai a ser un camiño doado, pero detrás deles teñen como mínimo a 22.000 persoas que se comprometeron co club e que non o van a deixar só nesta travesía pola segunda división.
Para o grupo esta viaxe comezou co inicio da pretempada, con presenza en case todos os partidos do equipo dun número considerable de xente, mover a máis de 200 persoas a ponte do 24 de xullo a Vilalba nun encontro de pretempada está ao alcance de moi poucos, isto reflicte a ilusión e gañas que ten a xente en devolver ao Depor á máxima categoría. Para elo contamos con todos vós, os vellos e os novos, xuntos faremos de Riazor un fortín, para elo pedimos a vosa colaboración en todas as actividades que realice o grupo: desprazamentos, tifos, quedadas, barras libre, etc.…
A bancada estará a rebentar e con pouco que poñamos cada un da nosa parte podemos chegar moi lonxe, dependendo da implicación de todos. É moi difícil poñerse unha meta porque pode ser superada de sobra. Así que a nosa principal obriga é conseguir que esa chama que acendemos non se apague e entre todos devolver non só ao equipo á 1º división, senón que conseguir que gran parte da xuventude da nosa cidade se implique ao máximo co Depor e domingo tras domingo se xunte na bancada de xeneral para defender aqueles ideais polos cales nos movemos.
Sen dúbida, é o noso momento, escribamos a historia neste fútbol dominado polo diñeiro e a televisión, demostremos que o fútbol é do pobo e para o pobo e que nada disto tería sentido sen unha afección e unha cidade defendendo o escudo e as cores do seu equipo.
Forza Depor. Sempre Ultras.


jueves, 18 de agosto de 2011

DEPORTIVO - Sevilla (Teresa Herrera 2011)

lunes, 15 de agosto de 2011

FAITE SOCIO



DEPORTIVO 1 - Sevilla 1 (Trofeo Teresa Herrera)




Primer partido da tempada en Riazor e como a ocasión o merecia houbo que recibir ao equipo da mellor forma posible.Aspecto increíble na bancada para tratarse do Teresa Herrera, que se encontraba de capa caída nas derradeiras edicións.Pancaras mensaxe en protesta contra o fútbol negocio e outra de apoio para o noso compañeiro Choski na que lle mandabamos toda a nosa forza para unha pronta recuperación.O trofeo viaxou para Sevilla,pero o xogo que despregou o Depor foi ilusionante de cara a difícil tempada que nos ven por diante.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Ayoze; Jesús Vázquez, Bergantiños, Bruno Gama (Pablo Álvarez, min.27), Guardado (Salomão, min.65), Valerón (Xisco, min.81); e Riki (Lassad, min.73).

Sevilla: Dani Jiménez; Cáceres, Alexis, Bernardo (Coke, min.76), Alberto Moreno; De Mul (Perotti, min.45), Fazio (Salva, min.45), Campaña (Medel, min.45), Armenteros (Trochowski, min.65); Luis Alberto (Manu del Moral, min.69) e Negredo.

Goles: 1-0 Riki, min.5; 1-1 Coke, min.85.

Penaltis: Jesús Vázquez, gol 1-0; Manu del Moral, parou Aranzubia 1-0; Lassad, gol 2-0; Perotti, gol 2-1; Pablo Álvarez, gol 3-1; Salva, gol 3-2; Colotto, longueiro 3-2; Trochowski, gol 3-3; Xisco, fóra; Negredo, gol 3-4.

Arbitrucho: Valdés Aller (Colexio Castelán-Leonés). Sen amonestados

sábado, 13 de agosto de 2011

NOVO MATERIAL



*camiseta de agasallo só para as 200 primeiras renovacions

jueves, 11 de agosto de 2011

VOLTAREMOS



Ferrol - DEPORTIVO (pretemporada)