jueves, 23 de febrero de 2012

TATUAXES


*moitas máis no apartado de tatuaxes

domingo, 19 de febrero de 2012

DEPORTIVO 2 - Barcelona B 1




Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Zé Castro, Morel; Juan Domínguez, Álex Bergantiños, Valerón (Borja, min.76), Guardado (Pablo Álvarez, min.89), Bruno Gama (Salomão, min.65) e Riki.

Barcelona B: Oier; Lobato (Dongou, min.88), Armando, Sergi Gómez, Planas; Dos Santos, Sergi Roberto, Rafinha; Deulofeu, Kiko Femenía (Espinosa, min.62) e Rodri.

Arbitrucho: Melero López (Colexio Andaluz). Amonestou con cartón amarelo a Valerón, Riki, Salomão e Zé Castro no Deportivo e a Kiko Femenía, Armando e dobre amarella a Dos Santos no Barcelona B.

viernes, 17 de febrero de 2012

NOVO MATERIAL


*máis información no apartado de material

jueves, 16 de febrero de 2012

TI REPRIMES,EU RESISTO!

A pasada semana recibiamos a noticia de que despois dunha inspección policial a megafonía que usamos xornada tras xornada para animar ao Depor, foi vetada, unha vez máis, pola policía. O detonante disto é a proposta de sanción ao speaker do grupo por supostamente insultar a un xogador contrario, aínda que de sobra é sabido, que esa proposta de sanción ven motivada por acordarnos de Fraga. Si, ese personaxe fascista, que despois da súa morte, o goberno intentou que fose lembrado como unha gran persoa que sempre defendeu a democracia, contando para elo coa gran maioría dos medios de comunicación… aínda que o que sempre defendeu este individuo foi o golpe de estado do 36, a persecución de persoas debido á súa ideoloxía, atrevíase a afirmar que el era o dono da rúa, xustificou asasinatos do réxime franquista, deixou enterrados en cunetas a centos de persoas, ordenou cortarlle o pelo ás mulleres dos mineiros só por posicionarse a favor da folga, pertenceu a gobernos que firmaron sentencias de morte, todo isto entre outras moitas cousas. Isto é o que nós recordamos de Fraga e usando o noso dereito a expresarnos libremente, mostraremos a nosa opinión cara este personaxe nas rúas ou no noso estadio, aínda que o estado intente prohibírnolo.

A alguén non lle gustou a nosa opinión sobre él, e axudado pola represiva lei do deporte, que é manexada ao seu antollo, por centos de ineptos con total liberdade de acción, multaron ao noso compañeiro, que ven a ser como si nos multaran a todos. Están intentando calarnos, silenciarnos, usando todo o que teñen a man.

Desde fai tempo atrás estamos sufrindo o acoso e a provocación das forzas de “seguridade” do estado, cargas policiais propiciadas por eles mesmos como o día do Bilbao, Valencia e Celta; multas aleatorias sen xustificación algunha posible como na marcha pola permanencia, policía secreta na bancada e na rúa, visitas antes de partir de viaxe e máis represión e acoso no día a día só por ser membro do grupo…todo isto acompañado da situación actual que estamos vivindo, co paro, reforma laboral, corrupción, tratos de favor aos de sempre, etc…, lévanos a estar máis atentos que nunca, non baixar a garda e non entrar no xogo que nos están ofrecendo, pero sempre tendo presentes os nosos ideais.

Ultras R.C.D. A Coruña